Translate

segunda-feira, 11 de novembro de 2013

QUIXOTE



O primeiro «Quixote» galego é obra dun xeneral ferrolán
O texto foi escrito a man en 1972 por Juan Beceiro e o seu fillo entregouno onte á RAG xunto con outras traducións
RODRI GARCÍA
A Coruña / La Voz

«Hoxe é un día grande para a Academia. Esta é a primeira tradución que se fixo ao galego do Quixote e está aquí».

Isto dicía onte o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, amosando os libros que acababa de doar Juan Luis Beceiro García. O donante é fillo do xeneral Juan Beceiro Amado (Ferrol, 1909-Madrid, 1990), que databa o 25 de xaneiro de 1972 o remate desta tradución. Alonso Montero lembrou que Carré Alvarellos «fixo a tradución de dous capítulos» da obra de Cervantes, «pero esta é a primeira da obra completa».
«Coma vedes, n?iste pirmer volume vai somentes unha coarta part d?o Quijote -as demais virám dimpois, se Dios me da saúde-, e isto ten a ventaxa de non percurar as vindeiras, se vos asaña ista primeira». É un dos parágrafos que aparecen no limiar da tradución do Quixote que Beceiro Amado data así: «Granada, 19 do San Martiño do ano 1970». O seu fillo lembrou que cando pasara a reserva fixo a versión galega non só do Quixote, senón tamén de varias obras clásicas como a Odisea, Hamlet, O Lazarillo de Tormes e lendas irlandesas. Ademais, hai «noticias de que en mans dunha filla está O buscón, de Quevedo», detallou Alonso Montero. Tamén salientou outra obra de Beceiro, Comentos, follas dun vocabulario galego-castelán, un dicionario «que ilustra con textos do cancioneiro popular e nalgunhas palabras introduce relatos escritos por el».
O presidente da RAG tivo palabras de agradecemento tanto para o donante como para «o admirado Siro López, que fixo posible a doazón». Siro, que escribe todos os domingos un artigo na edición de Ferrol deste xornal, se interesou pola figura de Beceiro Amado e lembrou «que cando estivo en Valladolid foi presidente do centro galego; cando marchou fixeron unha homenaxe porque era un exemplo para moitos galegos».
Siro López salientou que para este militar «despois da guerra non había nin vencedores nin vencidos» e que todas as traducións que fixo «son un traballo incrible, pasou a súa vida dedicado a escribir en galego».
Nunha brevísima intervención, Juan Luis Beceiro, que é avogado en Madrid, salientou el «gran amor de mi padre por la tierra gallega».
As directoras da biblioteca e do arquivo da RAG sumáronse ao agradecemento do presidente ao donante e salientaron a caligrafía coa que están feitas as versións galegas: «Vendo como son case sabemos de que época é cada unha».

Nenhum comentário:

LA RECOMENDACIÓN DIARIA:

  LA RECOMENDACIÓN DIARIA el maratón  y  la maratón ,   formas adecuadas   La palabra  maratón  puede emplearse tanto en masculino  ( el mar...