Translate

quarta-feira, 13 de novembro de 2013

MORRIÑA GALEGA









A morriña galega, un mito nacido no XIX
Un traballo dunha viguesa vincula a «saudade» á represión política
JORGE LAMAS
Vigo / La Voz 13 de noviembre de 2013 13:47

Os estereotipos da Galicia sentimental e feminina, dominada pola saudade ou a morriña, naceron a finais do século XIX motivados por razóns políticas. É a idea principal do libro Galicia, a sentimental nation, que traza a historia cultural e política dos estereotipos sentimentais da identidade galega. É un traballo de Helena Miguélez-Carballeira, titular de estudos hispánicos na Universidade de Bangor (Gales).
Eses estereotipos que atribúen calidades aos galegos como a morriña, a saudade ou o lirismo, foron planificados polo Estado español para frear un nacionalismo que proclamaba a idea de Galicia como un pobo celta belixerante e fero, que tiña un instinto de independencia. «O efecto que tivo foi desmobilizar politicamente a unha corrente que tiña a vontade de acabar con séculos de sometemento», explica Miguélez-Carballeira. A profesora incluso cre que houbo o interese por difundir unha visión «chorona e lacrimóxena» de Rosalía de Castro. «Calquera que lea os seus textos sen o prisma do sentimentalismo atopa furia e carraxe en textos moi posicionados?, engade.
A xeración das Irmandades da Fala, xa a comezos do século XX, tentaron frear estes estereotipos nos seus idearios. «Eran conscientes de que existía ese estereotipo do sentimentalismo galego e pulaban por facelo desaparecer; os irmáns Villar Ponte incluso dicían "deixade de ser un pobo de mulleres"».
A ditadura só permitiu un galeguismo cultural que tivo que volver aos estereotipos sentimentais por «pura supervivencia». Esa idea, segundo Miguélez-Carballeira, foi herdada pola Galicia actual. «O PP, por exemplo, propón un neorrexionalismo que bebe aínda dese imaxinario porque é moi manexable, así todo o mundo pode ser galeguista porque é un galeguismo sentimental», explica. A profesora ve tamén que esa mesma imaxe se difunde cara a fóra con motivos comerciais, transmitindo a idea dunha Galicia remota, pasiva e sentimental.

Nenhum comentário:

LA RECOMENDACIÓN DIARIA:

  LA RECOMENDACIÓN DIARIA dar rienda suelta  o  dar vía libre , mejor que  dar rienda libre   Dar rienda suelta  y  dar vía libre , pero no ...